A miña intención era crear un retroclon de Gauntlet (1985) pero ao final non fun quen de dedicarlle todo o tempo que o xogo necesita. A idea orixinal era que o xogo tivera 100 niveis, pero foime imposible. Ao menos, puiden meterlle 5 niveis e un final. O núcleo do xogo está feito: mecánicas, inimigos, spawn, uso de chaves e portas, sistema de vida, etc… Para quen queira colaborar co código ou simplemente botarlle unha ollada ao código.
You must log in or register to comment.